Mocho Gris: «Creamos en función do que nos entusiasma e ten sentido para nós»

3 minutos de lectura

Hablamos con Mocho Gris, proyecto conformado por Joao Neves y Lucas de Centi que consuma el sincretismo entre la tradición y los intangibles de la música pop

Foto: Pablo Fojo

La consecuencia de la exploración artística viene determinada por dos factores fundamentales: el origen y el horizonte. El punto de partida sobre el que se gesta un proyecto definen la identidad de su mensaje, y cimenta las bases estilísticas que lo regirán. Cuando hacemos referencia al horizonte nos aproximamos a un campo más indeterminado, sometido a las voluntades inciertas del futuro y las premisas instintivas del presente. No obstante, resulta trascendental dirigir el propósito radical hacia una dirección específica que convierta la semilla creativa en una extensión genuina de uno mismo. Desde Cool Coruña, hemos tenido la oportunidad de entrevistar a Mocho Gris, dúo musical integrado por el vocalista portugués Joao Neves y el percusionista gallego Lucas de Centi, que sintoniza la convergencia de los principios de la tradición con la esencia primaria del pop.

P: ¿Qué es Mocho Gris? ¿Cómo definiríais el proyecto?
Mocho Gris nace do encontro en Lisboa entre un Portuense con raíces miñotas e un galego, polo que dalgunha forma na propia orixe do proxecto xurde un diálogo entre Portugal e Galiza. Pese á proximidade xeográfica e cultural, aínda existen poucas cousas que unan estas rexións, e alégranos por o noso gran de area. De calquera forma, ese diálogo non define o proxecto enteiro. Mocho Gris tamén se constrúe a partir do encontro entre as músicas tradicionais e as influencias contemporáneas.
Partimos moitas veces de elementos da música popular, pero tamén desfrutamos de cruzalos con xéneros como o r&b e o pop dos 2000, a electrónica e o jazz, sempre con espazo para a experimentación. Creamos en función do que nos entusiasma e ten sentido para nós.
P: “simplicity of melody, an economy of material and a short form, but also a strong emotional effect”, es una cita del pianista Brad Mehldau sobre los pilares básicos del pop. ¿Cómo aplicáis estas premisas en la experimentación y el componente más jazzístico de vuestro estilo?
Dalgunha forma, esta afirmación representa un pouco unha especie de faro que nos indica os posibles camiños a seguir cando estamos deixándonos levar polo noso lado máis experimental.
Como un punto de ancoraxe, algo do que non queríamos esquecernos. Cando Brad afirma iso, fala dos ingredientes básicos dunha canción pop, e ao final, por moito que haxa música popular, temas orixinais e versións de artistas moi diferentes, ese é o material co que traballamos: cancións.
P: “2” constituye un recorrido conceptual, con variaciones de intensidad y constante evocación emocional, alusiones recurrentes de las raíces, que requiere de una escucha paciente y que vaya más allá del plano superficial. ¿Cómo se construye esta atmósfera? ¿Cómo esperáis que cale vuestro mensaje en el consumidor de música, acostumbrado a las inmediaciones de la industria, al bombardeo de singles de consumo rápido?
O proceso de creación de «2» foi longo e deliberado. Quixemos darnos tempo para construír o son deste disco, primeiro entre nós os dous, e despois cos productores Hevi e crnds. Durante máis de dous anos –pese a que a distancia entre Lisboa e Galiza xogaba contra nós– fomos consolidando influencias a través dun proceso de intercambio constante. Moitas ideas naceron de suxestións espontáneas de referencias que compartíamos e discutíamos, nunha ruta que tomaba forma entre a experimentación e o azar.
As nosas decisións artísticas privilexiaron sempre o que nos parecía xenuíno e estimulante. Non ignoramos a forma como a música é consumida hoxe, pero nunca foi a prioridade. Inspirámonos moitas veces en música comercial, pero a nosa re-interpretación seguiu un camiño propio, tal vez menos inmediato, pero fiel ao que queríamos facer.
P: ¿La cultura portuguesa y la gallega se podrían considerar hermanas de sangre, por así decirlo? ¿Vuestro proyecto musicaliza este parentesco histórico?
Hai algo de certo e algo de iluso nesa afirmación. Desde logo que compartimos unha orixe común, ademais dunha proximidade xeográfica, e iso pode notarse na forma de ser entre os portugueses ao norte do Porto e os galegos, pero a realidade é que moitas veces non nos decatamos do que está pasando en Portugal e viceversa. Desde logo, é unha relación desaproveitada, se as conexións fosen máis reais, máis constantes, de seguro que suporía un impulso non só artístico e cultural, tamén social.
O noso proxecto non pretende tampouco afondar nas raíces que unen estas dúas culturas. En todo caso, queremos sinalar que esas conexións existen e podemos amosar como nos teñen enriquecido a nós.
P: Para terminar, habladnos sobre vuestros proyectos futuros
Actualmente, os plans para Mocho Gris concéntranse en mover o proxecto en directo. Despois de tanto tempo dedicado á produción en estudio, tivemos por fin a oportunidade de comezar a facer concerto e encarar o desafío de adaptalo ao escenario. O noso obxectivo é tocar máis, darnos a coñecer a novos públicos e conectar con máis xente ao interpretar a nosa música en directo.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Historia anterior

La Diputación lanza una edición de #HoxeEscriboEn para los jóvenes

Siguiente historia

Studio Follow presenta “Momentos Alhambra Plug Market”

Últimos desde Historias

0 $0.00