Liberdade de ser e sentir!

1 minuto de lectura

A Diputación celebra o próximo 28 de xuño o día da diversidade sexual

A Deputación da Coruña, desde a súa Área de Igualdade, propón levar a cabo un acto simbólico no que participen todas as entidades adheridas á campaña #seresentir.

Este acto ten por obxectivo conmemorar o Día Internacional do Orgullo LGTBQIA+, unha xornada para reivindicar a diversidade, a igualdade e os dereitos de todas as persoas, independentemente da súa orientación sexual, identidade ou expresión de xénero. Así, proponse a lectura dun manifesto que avoga polo dereito a vivir con dignidade e liberdade, apostando por dar visibilidade ao colectivo LGTBQIA+ na cultura, nos medios, no deporte, no rural e en todos os espazos sociais. Pretende ser unha chamada á toda a sociedade, para reivindicar, con orgullo, a LIBERDADE DE SER E SENTIR.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Historia anterior

Iago Campa: «Casi todo el mundo que escribe tiene que ser honesto consigo mismo»

Siguiente historia

Tradición viva: el arte de resistir y cambiar

Últimos desde Historias

0 $0.00