Hablamos con Sonia Méndez, directora de la aclamada película «As Neves», que condensa la anatomía tecnológica y conductual de las nuevas generaciones en una atmósfera rural.

La volátil naturaleza de la adolescencia ha suscitado enorme interés dentro del mundo cinematográfico. Algunos de los grandes hitos de este arte abordaron la complejidad de una etapa tan confusa como extraordinaria. El ejemplo más evidente es la icónica «Rebelde sin causa» de Nicholas Ray, con la que un jovencísimo James Dean se convertiría en el icono intemporal de la cultura pop que ahora representa. La maduración paulatina del físico, el cuestionamiento constante sobre la realidad social y familiar, o la profunda y asfixiante introspección que nos conecta con nosotros mismos, para dejar al margen nuestro niño interior y dar la bienvenida al adulto que estamos destinados a ser, forman parte de la anatomía indescifrable e imprevisible de la adolescencia. Si bien ya es un periodo difícil de por sí, la expansiva influencia de la tecnología y la realidad paralela que fomentan las redes sociales constituyen nuevos estímulos que exponen a las nuevas generaciones a situaciones amenazantes, niveles de ansiedad insólitos, y a la adicción a un mundo virtual que se está apropiando de la espontaneidad del mundo tangible. Desde Cool Coruña, hemos podido entrevistar a Sonia Méndez, directora gallega que explora la naturaleza de la adolescencia actual, los peligros de las redes sociales, y el contraste del estilo de vida tecnologizado en un entorno rural y analógico. De nuevo, es hora de abrir el telón. Comenzamos.
P: Comezamos coa nosa pregunta clásica, que serve para que os nosos entrevistados se presenten á nosa audiencia. Quen é Sonia Méndez?
B: Eu creo que son unha tía polifacética que é un pouco do underground, que se buscou a vida para chegar a facer as cousas que fixo, que se auto-producíu e que intenta manter un pouco o espírito adolescente nas cousas que fai. Definirse a un mesmo é moi difícil, creo que son unha persoa un pouco nerviosa, responsable e que quere, sobre todo, cando traballa que as cousas se fagan con alegría.
P: Tes detrás toda unha traxectoria de máis de 25 anos, comezaches como actriz e logo dirixiches as túas primeiras curtametraxes, nas que tamén actuabas como co-produtora e guionista, que foron moi ben recibidas, incluso algunha delas foi galardoada cun premio Mestre Mateo. Incluso fuches directora dunha gala destes premios no 2019. Facer unha película, aínda con toda a túa experiencia acumulada, foi un proceso sumamente complexo. Como foi aventurarse a dirixir a túa primeira película? E máis apostando por actores nobeles, na súa gran maioría.
B: Ben, a película chegou agora porque antes non puido ser. A vida lévate por diferentes camiños. Nunca pensei que a miña primeira longametraxe sería un documental e acabei dirixindo antes un documental que unha película de ficción. Pero ben, a película é como ese lugar que sempre esperas, en realidade sempre estivo aí, era a película que xa con 20 anos quería facer, con 30 tamén e ao final foi con 42 porque non puido ser antes. Tampouco é tan distinto doutros traballos, o que si cambia é a responsabilidade. Esta película é a miña ópera prima, e é unha carta de presentación, que vai ser vista dunha forma especial, aínda que debo recoñecer, que son bastante inconsciente con estas cousas. Son de tirar para adiante. Iso si, foi un camiño moi longo, de cinco anos desde que xurdiu a idea ata que conseguimos a financiación para poder rodar. Cinco anos moi loitados, e moi traballados. E fixémolo mantendo a liña e o equipo co que viñamos facendo as cousas anteriormente, mantivemos unha especie de traxectoria lóxica e progresiva para chegar a este punto de poder facer a película. Aínda que non creo que sexa máis difícil que facer unha serie, ao final trátase de rodar, é ficción. E aínda que foi unha tarefa moi loitada e traballada, tamén recoñezo que gocei moito da rodaxe. Respecto ao feito de traballar con rapaces sen experiencia, a miña produtora e socia Nati Juncal dicíame que por que non pedía un helicóptero como todo o mundo. Pero eu rodéi con neve, e con actores inexpertos. Pero o certo é que os busquei. Fíxose un casting moi importante, fixen traballo específico con eles, dirixinlles na película e creo que estiveron moi ben, nunca tiven dúbidas ao respecto. Sabía que as cousas sairían ben. Non é que rehúse traballar con actores profesionais, non teño ningún problema ao respecto, simplemente non se deu nesta ocasión. Esta era unha película na que os protagonistas eran rapaces novos e obviamente o guión esixiu un casting máis amplo.
P: Como foi ese traballo específico con eles para que sexan capaces de dar verosimilitude aos personaxes?
B: Ben, o primeiro é dar con eles, para o que se fixo un casting ao que se anotaron 600 rapaces. Vimos a moitísimos rapaces por toda Galicia, ata que dei coa pandilla que me parecía que podía funcionar. Non lles asignei papeis ao principio, pois había varias combinacións posibles. Foi despois dos tres meses de casting, cando despois de chegar a eles estivemos traballando con eles durante dous meses, xunto cunha coach que fai teatro con adolescentes, unha formación que contribuíu a que, dado que non se coñecían entre eles, se fose facendo a pandilla que a película necesitaba. Un proceso durante o cal eu tamén ía coñecéndoos, e eles a min, xerando vínculos de confianza con eles, porque eu voulles pedir que fagan cousas e teñen que confiar en min para que logo todo funcione durante a rodaxe, durante a que foi moi importante o traballo de Dirección de actores, pois cada un ten as súas propias características. Non é o mesmo como chega David ao personaxe, que como chega Andrea. É importante coñecelos moito para despois facer dirección de actores, o que eu, como fun actriz e como estiven do outro lado da cámara, creo que entendo bastante ben o proceso para axudalos a sacar de eles o que cada personaxe necesita. Debo dicir, que lles tratei como se de actores profesionais se tratasen. Traballaron dende a profesionalidade máis absoluta, e debo valorarlles a súa capacidade para arriscarse, non cuestionarse tanto, e a frescura que aportan, ao estar empezando nisto. Podo saír mal, pero a verdade é que saíu moi ben.
P: Houbo algún toque de rebeldía xuvenil durante a rodaxe, algún momento no que non estivesen a favor de obra?
B: Non, todo a favor. Algúnha festa pegáronse, pero iso contribuíu a que o grupo se integrase máis, se fixesen máis amigos entre eles.
P: Resulta moi destacable o contraste que abordas na película, entre un entorno rural co mundo tecnolóxico e de redes sociais actual. Que che motivou a abordar esta temática, como vehículo para a túa película?
B: Levo facendo o festival Carballo Interplay 12 anos, que trata a cultura dixital. Levo, por tanto, falando destes temas e vendo xeracións durante máis de dez anos, imaxínate, a xeración que veu ao primeiro Interplay tiña 16, agora ten 26. Ao principio do festival, a xente que aínda non era nin sequera nativa dixital completamente. Todo cambiou moi rápido. Con isto quero resaltar que é un tema que de sempre me chamou moito a atención, como se xestiona o entorno dixital entre os adolescentes. Ademais, tiña moitas ganas de facer unha película con protagonistas adolescentes en Galicia porque non hai nada en galego. Ademais, creo que é un target, que non se tratou, en certo modo se ninguneou, e non me parece que haxa que facelo, creo que hai que intentar que desenvolver produtos audiovisuais para eles. Recoñezo que eu tiña esta fixación. E logo sobre o tema da hiperconectividade e o illamento, como hipótese da trama, ao igual que a peripecia da desaparición, non deixan de ser escusas para contar a viaxe psicolóxica destes rapaces, que é do que vai a película realmente, pois me parecía interesante a premisa de retratar mundos onde os rapaces están hiperconectados, pero á vez están illados. Pero finalmente, tratábase como de falar da adolescencia, que poida ser entendida en calquera parte do mundo e en calquera época, porque ao final en ”As Neves”, o mundo vólvese analóxico, porque van perdendo todos os asideros que teñen, xa non teñen móbiles, xa non teñen redes sociais, etc.
P: Ao final, na película, expones a complexidade emocional e vital que experimenta un adolescente, asumir as consecuencias dos seus actos, todo eles nunha realidade virtual que se apodera da naturalidade inherente á xuventude. E coa propia trama expones os perigos dun mal uso das redes sociais. Como definirías a natureza desta xuventude actual? Cres que se está consolidando como excesivamente dixitalizada, inmersa nunha realidade máis virtual que real?
B: Non me sinto capacitada para definilos. Eu creo que as xeracións se definen co tempo. Non creo que os adolescentes estean vivindo un maior enganche que outros grupos de idade. Da igual que teñas 16 ou a miña idade, todos temos móbil e estamos cada día máis enganchados ás redes sociais. Os rapaces están tan pendentes do móbil como as súas nais ou pais. Creo que é un relato que creo que hai que cuestionar. Insisto en que as xeracións se definen cando pasan unhas décadas e teñamos perspectiva para velas. Eu creo que hai bastante descoñecemento respecto desta chamada xeración Z. A min téñenme bastante despistada. Eu o que sei é como creo que me sentiría se fose adolescente hoxe en día e creo que tería moitísima ansiedade. O feito de poder acceder a tanta información e a tanto contido xeraríame moita ansiedade, pero á vez creo que é xente que pode atopar o seu oco moito máis facilmente que na nosa xeración, porque a ti pode gustarche, por exemplo, as farolas verdes e atoparás a alguén que lle guste as farolas verdes. E na miña época iso non pasaba, porque o teu mundo era moito máis reducido. Creo tamén que o feito de ter tanto ao teu alcance, fai que todo vaia moi rápido. En todo caso, nada de todo isto é culpa de eles. De feito, na película tamén intento que non se demonice a esta xeración, e trato de poñer o foco en que hai unha sociedade hipercapitalista, hiperconsumista que vai rapidísimo, que hoxe sae unha cousa e mañá xa nin te lembras. Como dixen, non é a súa culpa, é o tempo que lle tocou vivir. Que non sei moi ben como definir a esta xeración, non son Psicóloga, non teño nin idea. Xusto agora estou lendo un libro sobre os anos 90, que define a miña xeración, eu sería xeración X, e vexo que é agora cando se pode definir a miña xeración, non no momento en que estás vivindo, senón despois.
P: Falemos un pouco da presión do grupo, que é outro dos temas de fondo na película, como me sinto eu se non fago o que todos os demais? E que pensas das tendencias virais que se impoñen nas redes sociais, non cres que acentúa esa necesidade intrínseca dos mozos de encaixar no seu entorno?
B: Sempre en calquera xeración, na miña tamén, queres encaixar no grupo. Nese momento vital, ti necesitas encaixar co teu grupo. Pode que aínda non te definiches como persoa, e quizais non che gusta esa música que escoitan os teus amigos, pero vas a escoitala porque necesitas integrarte. Eu creo que, por definición, un adolescente sempre está buscando encaixar nese grupo ou non encaixar para nada, sabes ou ser un outsider. Hai a necesidade dunha aceptación porque estás buscándote e definíndote como persoa. A min o que me ten despistada desta xeración, iso si é verdade, e posiblemente non é culpa de eles, é que só se definen, en xeral polo mainstream, non hai tribos urbanas, todo o mundo peínase igual, viste igual e ninguén se pregunta o por que. Antes había heavys, ou punkys, etc., a estética definíate pola túa tribo, a música que se escoitaba. Agora case todo está cortado polo mesmo patrón. A quen estamos copiando. É unha cousa que me ten despistadísima. Son modas, pero paréceme que hai pouca orixinalidade.
P: En certo modo, non serían esas tribos sociais que ti botas de menos os reguetoneros, os cayetanos, rollo de levar as pulseiras de España, os que son máis indie, etc.? Non cres que sempre hai grupos definidos e que a diferenza xeracional nos fai en ocasións perder a perspectiva?
B: Si, claro, é que eu son maior, por iso teño esta opinión, pero igualmente creo que é todo moitísimo máis homoxéneo, e creo que ten que ver coa sociedade de consumo, e o poder das marcas que tendemos á uniformidade. Obviamente, eu son Old School, e xa o era cando era nova, a min xa me gustaba a música dos 70 e eu nacín no 80, eu xa son vintage de sempre, pero non podo evitar pensar que hoxe existe unha cultura da inmediatez que fai que todo o mundo vaia un pouco homoxéneo e non se pregunte por que. A xente non se pregunta se realmente lle gusta esa música, ou esa camiseta. É unha cuestión complexa e profunda, pero dame a impresión de que todo é agora máis plano, que vivimos ao ritmo que marca o algoritmo. Igual, que nos 80 e 90 a publicidade decidía por nós, cando sen darnos conta terminabamos comprando o iogur que saía no anuncio, agora o poder de influencia é moitísimo máis grande, pero á vez máis efémero, porque ao día seguinte haberá outra cousa, e nada perdura.
Con todo, eu creo que a xeración actual, ten moitísimas cousas positivas, moito mellores que as nosas, e cando falo disto, falo no seu favor, é a sociedade que lles tocou vivir. A xente que temos 40 ou máis anos, sempre temos morriña da nosa xuventude. Non é que cando eu era nova era máis guay, sempre é o mesmo discurso, de avó. Os adolescentes e mozos de hoxe non son peores nin mellores, seguen querendo divertirse, vivir o presente e intentar coñecerse e entenderse a si mesmos. Eu entendinme perfectamente cos rapaces da película, porque eu estiven aí tamén, e comprendo que non é nada fácil ser adolescente hoxe en día cun móbil na man. Sempre se lles critica porque están co móbil todo o día, pero ti que farías se foras adolescente hoxe en día, non o usarías, claro que estarías co móbil. E non sei se esa hipervelocidade á que se move o mundo hoxe coa ansiedade propia da adolescencia combinan ben. Iso non impide que haxa discursos sociais que nin se falaban da miña xeración. Non existían.
P: Para rematar e cambiando de tema, estás a terminar a xira de presentación de “As Neves”, pero como toda mente creativa, a túa cabeza é como unha locomotora de ideas que non para, polo que imaxino que xa estarás bosquejando novas ideas, futuras películas.
B: Hai algunhas ideas, pero necesitan tempo e pausa para madurar, e supoño que nalgún momento me porei a desenvolvelas, aínda que necesito que me namoren moito, porque me esixen moito tempo e traballo. Espero que non me leve outros cinco anos facer outra película, ou o seguinte que faga, pois non estou pechada a nada. Pode ser unha película, unha serie, Xa o veremos. O que teña que pasar, pasará.