Hablamos con Maricarme, formación gallega que construye un profundo diálogo con la raíz de la música tradicional desde una perspectiva contemporánea

La clave de la convivencia entre las raíces de la tradición y la contemporaneidad radica en un respeto recíproco, en un ejercicio de comprensión del porqué idiosincrático de cada etapa. Además, fomenta un aprendizaje mutuo que enriquece la naturaleza del resultado final en el que desemboca este diálogo intergeneracional: un presente con memoria. Desde Cool Coruña, hemos tenido la oportunidad de entrevistar a Maricarme, formación gallega que contribuye a la permanencia de la tradición desde una sonoridad supeditada a los principios de lo contemporáneo.
P: ¿Qué es Maricarme? ¿Cómo definiríais el proyecto?
Maricarme é un proxecto de folk ou música de raíz que busca explorar sonoridades novas sobre cancións tradicionais. Facemos música da nosa tradición ou de tradicións veciñas pero tamén composicións propias. A proposta nace da vontade de dialogar coa música de raíz desde o presente, buscando unha sonoridade persoal e contemporánea e investigando nas expresións sonoras dos nosos instrumentos.
P: Construís un folk muy evocador y profundo a partir de la simbiosis entre instrumentos acústicos y una contraparte electrónica. ¿Cómo se logra preservar la esencia de la tradición en las infinitas posibilidades que ofrecen las herramientas contemporáneas? ¿Son dos elementos definitivamente compatibles?
Pensamos que a tradición non é algo estático, senón algo que evoluciona coas persoas que a viven. No noso caso, combínanse instrumentos acústicos coma o violín ou a pandeireta cos sintetizadores ou a percusión electrónica. Esto para nós amplía as posibilidades expresivas sen perder o fondo emocional e cultural do que vimos. Se tradición e contemporaneidade non van da man estamos perdidas.
P: ¿Qué os inspira la palabra tradición? ¿Cómo trasladáis la concepción que tenéis de esta a la naturaleza de vuestra música?
Tradición, para nós, é todo o que chega ata nós a través do tempo e das persoas. É unha memoria compartida que nos conecta con quen fomos e tamén con quen queremos ser. Interésanos unha tradición viva, que permita dialogar, transformar e adaptar. Na nosa música iso tradúcese en poñer en valor elementos de diferentes culturas pero integrándoos nun son que é actual, que tamén nos representa como persoas de hoxe.
P: ¿Cuáles son las claves, estéticas y musicales, para trasladar la hondura y riqueza de vuestra propuesta al público de un concierto?
Para nós as claves son facer música que sexa honesta co que somos e lo que nos gusta. Cando a música que tocas fala de ti a xente conecta moito máis porque a sinte de verdade. Non buscamos encaixar en fórmulas ou modas, senón contar desde a verdade, desde o que sentimos que nos representa.
P: Para terminar, habladnos sobre vuestros proyectos futuros.
Estamos inmersos na gravación dun segundo single, que verá a luz proximamente e que continúa a liña do noso primeiro tema, Ai Jesús, que veu acompañado dun videoclip que nos fixo moita ilusión e que resume moi ben a esencia do proxecto. Ademais, temos varios concertos este ano en Galicia. Para nós, o directo é un espazo de encontro real coa xente, e agardamos que quen veña poida emocionarse, bailar e conectar coa nosa música dun xeito sincero.