Hablamos con Touriñán, reconocido humorista de la escena nacional que nos ilustra la importancia de la regulación individual para asumir la flexibilidad expresiva del humor
El poder relativizador del humor como compañero de vida es innegable. En el decurso de la existencia, la presencia del componente cómico como medida de contingencia ante las vicisitudes inherentes al camino vital resulta indispensable para sobrellevarlas con el mejor ánimo posible, sin derrumbarnos con la impredecible tormenta que arrecia la calma anhelada. Desde Cool Coruña, hemos tenido la oportunidad de entrevistar a Touriñán, célebre humorista del panorama nacional que aboga por la comedia como prioridad equivalente a las funciones básicas del ser humano, y como símbolo latente de que nada es para tanto.
P: Para empezar a entrevista. Quen é Touriñán?
R: Creo que hai dous Touriñán, o Touriñán como persoa normal, e o Touriñán que coñece a xente, a nosa profesión dános esa dobre identidade. Ao final, Touriñán tamén somos uns cantos, non só eu. Todo o que transcende nos medios e que parece que fago é grazas aos que traballamos aquí, en Ainé e de Undodez, que son as produtoras que levo cos meus socios Álvaro e Javi, con quen levo moitísimo tempo, e que son os responsables de que pareza que Touriñán está en todos lados. E logo está José, un tipo normal de Castelo cunha muller fantástica e dous fillos, que tivo a sorte e que se empeñou en traballar de fronte ao público, e que tenta disfrutar todos os días do traballo e a familia.
P: Máis de 20 anos de traxectoria, cos teus comezos na televisión de Galicia. A túa profesión sempre foi vocacional ou foi algo máis circunstancial? Se é así, a que outra actividade dedicaríaste?
R: R: Sempre digo que a profesión foi a que me escolleu a min. Eu non sabía que me ía a dedicar a isto. Ata de neno non me imaxinaba que me ía a dedicar a estar encima dun escenario ou diante dunha cámara. Dábame bastante vergoña, era un tío máis ben tímido para iso. Hai compañeiros e compañeiras que xa querían ser actores ou cantantes desde pequenos, e eu ao revés. Nun momento da miña vida comecei a xogar a isto con amigos, en concreto con Marcos Pereiro; fomos facendo teatro no instituto tamén, aínda que en ningún momento pensei ía chegar a ser a miña profesión, só faciámolo por diversión. Pero unha cousa levo á outra, entramos na televisión e todo se magnificou, porque foi todo un éxito. Empezamos a traballar cada vez máis, e o divertimento acabouse convertendo en oficio. A verdade que non sei a que me dedicaría fóra do que fago. Eu estudei Filoloxía Galego-portuguesa, pero visto agora, non me apetecería moitísimo ser profe, sobre todo por madrugar, non me gusta nada (risas). E logo o público, cando es profe, vai obrigado. A xente que me vén a ver vai porque quere, e aínda encima paga por iso, e esa atención é fantástica, pero os alumnos de instituto e demais van obrigados, e é complicado. A min sempre gustóume estar metido en cousas e organizar, así que seguramente montaría outra empresa ou traballaría en algo relacionado con crear contido, en produción ou en música, algo ligado ao que fago agora.
P: A comedia é a maneira máis saudábel de humanizar sentimentos como a nostalxia, a tristeza, a melancolía, ou tamén para dar outro enfoque máis levadío á cotidianeidad?
R: Totalmente. Eu non entendo a vida sen comedia e, sobre todo, sen sentido do humor. É un superpoder ter sentido do humor. Quero dicir, primeiro tes que aprender a rirte das túas propias movidas, das túas propias desgrazas. Tomar a vida con sentido do humor é básico para respirar. Estamos nun momento social e cultural que parece que nos molesta todo, que parece que todo nos parece mal. En todo caso, tampouco creo que todo sexa así, serán os amargados que xa había antes, pero hoxe temos un contacto moito maior con todo o mundo por culpa das redes sociais, onde estás a escoitar opinións de todo deus dos que queres escoitar e os que non. Dígoo sempre, as redes sociais son como o grupo de catro discutindo de fútbol na barra do bar. Parece que todas as opinións valen igual e que son igual de importantes, e o que temos que aprender é a relativizar. Eu creo que o humor, a risa, o buscar a parte cómica a todo, no meu caso é importante porque é o meu oficio, pero na vida é básico, case á altura de respirar, para comer, de durmir e de follar (risas). Si que é certo que ás veces é difícil. Cada un ten a vida que ten, e vivimos nunha exposición constante de que hai que ser sempre feliz. Oxalá nunca ser infelices, pero teñen que haber momentos de aburrirnos, de non pasalo ben, de querer algo que non temos, porque senón non saberemos como valorar os bos momentos.
P: Senón, que é a felicidade?
R: Iso é. A felicidade non é permanente, senón que son momentos. Logo é fundamental disfrutar do que fas. Parece moi fácil dicir isto, pero pasamos a maior parte da vida traballando, e se conseguese gozar do que se traballa, é a maior sorte do mundo.
P: Estamos inmersos nunha etapa de enorme ruído mediático, tanto nos medios de comunicación como nas redes, onde case é inevitable non posicionarse. Debe impoñerse ao cómico, que non deixa de buscar unha satirización da vida, límites de expresión, ou é a flexibilidade da súa comedia o que os volve tan necesarios para a sociedade?
R: É un momento complicado. Para o humor non debería haber límites, sempre digo que é o receptor quen impón eses límites. Non podemos botarlle a culpa ao que fala ou ao que escribe, senón que ten máis responsabilidade o que recibe e acepta esa opinión. Por iso digo que hai que ter coidado, non valen todas as opinións igual, non vale que alguén che poida lastimar cunha opinión cando é alguén que non che importa ou que non ten nin idea do que di, aínda que é certo que as críticas lastiman de verdade, e que hai xente que disfruta facendo dano. No caso do cómico, cada un decide que rumbo toma. Hai moitos estilos de cómicos. Hai cómicos que se definen máis política e ideolóxicamente, e eles decídeno así, facer comedia máis política ou menos, rozando máis a liña ou menos, facendo máis humor negro ou menos. Creo que a cuestión reside nos receptores, en non dar tanta importancia. O humorista é aquel que quere facer rir, pero se non o consegue, non está a ser cómico. É coma se eu digo que son cirurxián e logo mato a todo dios (risas). Por moito que diga que son cirurxián, non o son. Entón, aí está a historia. O humor e a comedia existen cando hai risa, cando algo fai graza. Por iso penso que ten máis poder o receptor, que é quen decide o que lle fai graza e que límites persoais aguanta sobre o humor. No meu caso, aínda que non practico demasiado o humor negro por ese medo de ata onde aguanta o teu público, teño a sorte de que toda a vida fixen humor co que me deu a gana, cheguei a límites que eran complicadas, porque desenvolvín un Touriñán cómico ao que a xente lle permite facer humor de calquera cousa pola forma. É fundamental a forma na que fas humor. Se o fas desde unha posición de non querer facer dano nin ofender a ninguén, pódese facer humor con calquera cousa. Entón, estamos nun momento complicado, pero entendo que era máis difícil cando estabamos con Franco e pegábanche un tiro ou che metían no cárcere.
P: Sobre a importancia do receptor na asunción do humor. Como se pode regular a susceptibilidade de cada un?
R: É un proceso individual. É importante entender que estás diante dun espectáculo cómico, dun comentario cómico que non é certo. Tes que saber onde estás e a quen estás a escoitar. Esa regulación é individual, e paréceme fantástico. O receptor ten o poder, ten a entrada para ir a un show, ten o mando para cambiar de canle, ten un teclado para entrar nun podcast ou no directo de Twitch que queira. Non se pode botar a culpa a un cómico polos chistes que fai. Non o oias, non o escoites, non o vexas. Se hai un tipo que non lle fai graza a ninguén, vai morrer de fame, pero se lle fai graza a catro ou cinco persoas, pois é importante respectar o sentido do humor de cada un. Témonos que botar a culpa a nós mesmos sobre ata onde temos o sentido do humor para asumir con que cousas podemos vacilar ou rirnos, porque senón imos acabar sen poder rirnos de nada. Tamén, en moitas ocasións, os cómicos temos a responsabilidade desa hostilidade subxacente na recepción do humor pola forma na que o facemos.
P: Para terminar. Que consellos daríaslle a unha persoa introvertida para perder o medo ao escenario, e conectar co público?
R: É moi difícil dar consellos destas cousas, porque as persoas somos individuais e completamente distintas. É moi fácil dicirlle a alguén que se suba ao escenario e que pense que todos os do público están espidos para perder a vergoña (risas). Na miña experiencia, foi cuestión de xogar, de ir probando. Subir con outra xente ao escenario tamén axuda moito, sobre todo ao facer teatro. Con todo, o máis importante é ser honesto contigo mesmo, é dicir, tes que facer comedia que che faga graza a ti. Tes que pasalo ben; se vas sufrir, é mellor que fagas outra cousa. Son normais os nervios, a vertixe, todo é normal. Pero para subir ao escenario, tes que tentar divertirte. Isto serve para calquera cousa que se faga, pero sobre todo para este oficio. Tes un público diante que, ademais, está predisposto a axudarche e empatiza contigo, porque eles tamén veñen para rir. Entón, a clave é subir a disfrutar, non a sufrir. É difícil, pero é cuestión de probar e volver probar. Polo menos hai que tentalo, porque é unha merda quedar coa sensación de querer facelo e non ser capaz.