Laura Marín: «A miña alma está completa coa música balcánica»

4 minutos de lectura

Profundizamos en la figura de Laura Marín, y cómo su idilio de amor con el serbocroata la ha llevado a consolidarse como una de las estrellas emergentes de la música balcánica

Foto: Laura Marín (cedida)

Las lenguas constituyen la muestra latente de la historia de la evolución, diversificación y organización comunitaria del ser humano. La necesidad intrínseca a nuestra particular condición de seres pensantes nos vincula con la existencia de medios que nos permitan otorgarle forma al conglomerado de emociones que deambulan por la mente, racionalizar los estímulos recibidos del entorno, y para facilitar la interacción entre congéneres. Pero los idiomas también comportan un significativo valor personal, que te identifica con una cultura, una nación, o te ayuda a conectar mejor contigo mismo. Desde Cool Coruña, hemos tenido la oportunidad de hablar con Laura Marín, cantante coruñesa que ha trasladado su pasión autodidacta por el idioma serbocroata a la primera plana de la música balcánica.

P: Para empezar a entrevista. Quen é Laura Marín?

R: Laura Marín é unha Hannah Montana na vida real. Aquí na Coruña levo unha vida normal, estudo filoloxía na UDC, vivo coa miña nai, saio de festa e demais. Pero, por outra banda, dedícome á música balcánica, e son unha das persoas con máis seguidores en redes sociais dos países iugoslavos.

P: De onde procede a inquietude polo serbocroata? Porque teño entendido que aprendiste o idioma de forma autodidacta.

R: Efectivamente. Cando tiña 9 anos, no Nadal, por aquel entón estaba a ver vídeos en distintos idiomas de “O oso da casa azul”, unha serie que me gustaba moito, e que se popularizou moito en Europa. A serie estaba dobrada en 14 linguas diferentes, e o último idioma era o serbocroata. Cando escoiteino por primeira vez, algo pasou dentro de min. Para min é inexplicable, porque é como namorarse. A partir de entón, souben que quería profundar máis no idioma e na cultura detrás, polo que empecei a escoitar máis música de alí. Cando tiña 14 anos, como quería entender mellor esas cancións que me apaixonaban, empecei a aprender a lingua de forma autodidacta. Ademais, como un dos meus soños era dedicarme á música balcánica, comecei a subir covers nas redes sociais, e ata hoxe.

P: Esperabas a amplia recepción popular que experimentaste nas redes sociais?

R: A ver, está claro que cando empezas, imaxinar un número de seguidores como os que teño agora, pois soa un pouco utópico. Pero como todo foi aos poucos, e froito do traballo e do esforzo, pois non me colleu por sorpresa.

P: Como se leva ser popular a miles de quilómetros de onde reside a túa popularidade?

R: É unha arma de dobre fío. Por unha banda, é o meu márketing, é unha historia que vende e seguirá vendendo, porque non deixa de chamar a atención á xente. Con todo, ao non ter familia alí, ao non ser de alí, e ter que coller catro avións para ir onde está o meu traballo como músico, pois resulta algo frustrante.

P: Pensaches na posibilidade de trasladarte de forma permanente e vivir alí?

R: Si. De feito, o ano pasado tiven a oportunidade de facelo. Unha discográfica moi importante ofreceume vivir en Belgrado, con gastos incluídos, para que me dedicase cento por cento á música, pero por razóns diversas, decidín quedarme aquí. Con todo, claro que segue aí a idea de irme a vivir alí. Por exemplo, non me vexo formando unha familia na Coruña.

P: Como concibe a xente de aquí un fenómeno tan particular como o teu? Unha moza galega que aprende de forma autodidacta serbocroata, e faise viral nos Balcáns.

R: Con moita naturalidade, porque foi un proceso moi gradual. Todos os meus amigos saben canto me apaixona o serbocroata e a música balcánica desde hai tempo, nunca houbo unha reacción rara. De feito, cando fun por primeira vez a cantar alí, as reaccións dos meus amigos e da xente foron moi positivas, en xeral.

P: Fálanos un pouco sobre a experiencia do teu primeiro single, Božija Kćerka.

R: Pois, ao principio, non tiña pensado publicar a miña propia música. Basicamente porque non conto cos medios que a min gustaríame. Non me refiro tanto ao aspecto económico, senón a que non lle vexo sentido sacar unha canción aquí se alí non podo promocionala. Pero un día, alá por xaneiro, tocando a guitarra na madrugada, saíu unha melodía interesante, sinxela e moi orgánica, e algo dentro de min pedíame que a continuase. Compuxen a canción completa, e desde o primeiro momento tiña moi claro como quería que soase. Graveina co meu amigo e compañeiro Arturo Martínez, guitarrista do grupo Filtro, e foi todo moi caseiro, sen promoción nin ningún tipo de investimento. Acabei publicando a canción por intuición, por facer algo distinto, non co obxectivo de empezar unha carreira como tal. Isto espero que pase pronto, pero aínda non é o momento.

P: Para terminar, tamén sentes un especial arraigamento pola túa lingua nai, o galego. Foi unha opción real a idea de tentar labrarte unha traxectoria na música galega?

R: Tenteino. En 2019, gañei o certame “Quero Cantar”, e publiquei un single que tivo moi boa recepción, moi bo feedback. Ata hai unha pintada da miña cara no instituto Rafael Dieste (risas). Para o novo que era, tiven moita sorte, porque actúe en varios sitios e xa tiña un público, pero non me facía feliz, non me enchía. Podo cantar de forma esporádica en calquera idioma, porque me gusta cantar, como cando cantei na UDC polo día das Letras Galegas. Con todo, desenvolver unha carreira musical, sexa onde sexa, require de moito tempo e enerxía, así que ese esforzo prefiro investilo na miña carreira nos Balcáns. A miña alma está completa coa música balcánica. Non hai nada na miña vida do que estea tan segura como do feliz que me fai interpretar música balcánica. Non é que non me guste a música galega, pero non me enche.

Deja una respuesta

Your email address will not be published.

Historia anterior

Garra Espacio Creativo: la génesis artística que impulsa A Coruña

Siguiente historia

Leticia Rey: «El jazz permite una mayor expresión del alma»

Últimos desde Música

0 $0.00