Hablamos con The Rapants, una banda poco habitual por conferir naturalidad y «buenrollismo» a una escena musical en la que la superficialidad comienza a quedar obsoleta.

La libertad de ser es uno de los privilegios más valiosos que nos concede la vida. Un derecho frágil, sobre el que se ciernen amenazas constantes e imprevisibles, que tratan de silenciar aquello que nos hace únicos, sin razón aparente. Es responsabilidad individual salvaguardar nuestra esencia definitoria, frente al ruido persistente de la confusión. Desde Cool Coruña, hemos tenido la oportunidad de entrevistar a The Rapants, uno de los grupos gallegos con más proyección del momento, que portan la transparencia y la naturalidad como bandera, desde su hogar, Muros, hasta el fin del mundo, sin riesgo a que la humildad se dé a la fuga. De nuevo, es hora de que se abra el telón. Comenzamos.
P: Para comezar, pedimos aos nosos entrevistados que se definan a si mesmos. Quen son The Rapants, contado por eles mesmos?
R: Pois somos un grupo de chavales con moita inquietude, que nos xuntamos hai cinco anos sin ningún propósito nin presión ningunha. Fúmoslle dando, foi gustando e aquí estamos, disfrutando.
P: Hai pouquiño que sacáchedes o voso último álbum, La máquina de buen rollo, un álbum preparado para facer vibrar ao público nos directos. Creo que o título define moi ben o que representades. Onde radica ese “buenrrollismo” que portades case como seña de identidade?
R: Pois é natural, a verdade. Somos así, non finximos nada. Démonos conta de que para nós era moi normal pero á xente estrañáballe moito, sorprendíalle. Entón, levámolo un pouco por bandeira pero saíndo todo puramente natural. Somos así, somos moi naturais todos e non finximos absolutamente nada. Deixámonos ir e, de momento, está indo ben.
P: Cando comezabades, ¿á xente pareceulle estraña tanta naturalidade, tanta espontaneidade no voso estilo?
R: Parecíanos estraño a nós que lles parecera estraño a eles, por iso de “tedes moi bo rollo, sodes moi guais nos directos”. É o que vemos nós, é o que somos… Estranouños máis a nós do que lles estrañou a eles, realmente, porque pensabamos que era normal. Despois, cando fumos entrando xa no círculo de músicos, xa vimos que había moito fantasmita [risas], entón ahí xa nos fumos dando conta diso, de que non era o normal.
P: Moita pose de intelectual, ou de artista, ¿non?
R: Fixo moito mal o dos grupos de rock americanos para a industria…
P: Detrás da frescura e da enerxía do voso estilo, tamén estades as persoas, coas vosas vivencias particulares. Tedes temas nos que tratades sobre o complicado de manter unha relación, por exemplo, ou sobre asuntos que non son, a simple vista, moi compracentes. Ese dinamismo, ese bo rollo é un xeito de canalizar momentos ou vivencias que, se cadra, non son tan bos?
R: Si, é unha fórmula que estaba funcionando, non era só nós, faino máis xente. É que a maioría das cancións son tristes, o noventa por cento dos temas son tristes. Metémoslle música moi animada, e resulta unha fórmula agridoce que funciona moi guai. Se tes música animada e as letras son animadas, e poste demasiado empalagoso xa…. Para o que escribimos e para o que compoñemos, é para soltar, non para abandeirar nin para facer crítica social nin nada, só para soltar o que levamos dentro.
P.: Aínda que comezáchedes sen pretensións, sen plantearvos nada en concreto, esperabades este feedback tan positivo que estades a ter na vosa traxectoria, esta acollida tan masiva por parte do público?
R: Nun primeiro momento, non. Nos primeiros temas, cando sacamos un EP, funcionou moi ben no pobo, entre os coñecidos e a nosa xente. Logo, foi crecendo, crecendo, crecendo… E tampouco somos moi conscientes do que somos, ¿sabes? Aínda seguimos idolatrando outros grupos máis grandes, nós a verdade é que non lle vemos moito mérito ao noso, porque aínda non o temos tan analizado. Facemos o que nos gusta e, como non temos ningunha presión, tampouco nos flipamos. Seguimos sendo os de sempre, seguimos facendo o que facíamos, só que agora temos máis oportunidades de chegar a máis sitios, estamos cobrando máis e estamos poder facer un traballo aquilo que nos gusta. Damos as gracias a todos os que nos apoian por iso, pero tampouco vemos tanto. É insconsciente, totalmente, pero vainos bastante guai así, tendo os pés na terra.
P: Que referentes teñen The Rapants, as súas influencias principais?
R: A nivel galego, temos a Terbutalina que foron do noso pobo [Muros], e quen nos descubriron realmente que hai máis estilos de música en galego, que se poden facer moitas máis cousas que o que se viña facendo antes en galego. Tamén temos a Novedades Carminha, moi potente, e logo os grupos internacionais. Ahí xa a influencia é moi variada, como os Skeggs e música así máis “garajera”. Despois, chegou un punto de inflexión en que nos metimos máis ao disco. A min non me molaba tocar garage no baixo, e dixen “isto hai que cambialo rapidamente”. E metimos máis disco, para variar máis o estilo… Temos moitísimas influencias, pero non temos iso de dicir “temos que ser isto, temos que ser tal…”. Conxeniamos así, está todo moi aberto. Temos mil e unha inspiracións.
P: Sorprendeume que, no voso último traballo, alternades cancións en galego con algunha en castelán, algo que non é frecuente nos grupos de aquí, que adoitan compoñer nunha lingua ou na outra. Por que o planteáchedes así?
R: Non é unha decisión real, senón que a música é música, dá igual o idioma, como se a fas en polaco. Nós falamos en galego todos os días, pero se se che atranca unha letra en galego, ou non che sale tan guai, tiras para o castelán e, se che sae máis fluído así, p’adiante. Non é un grupo que cante en galego, senón un grupo que toca música. Non somos abanderados de cantar só en galego, senón que facemos o que nos peta, e listo.
P: Para ir rematando, cando antes mencionabas a vosa experiencia ao ir entrando nos círculos musicais e ir atopando superficialidade e pose, víchedevos cerca de perder esa naturalidade tan vosa?
R: Non, porque, nese sentido, estamos no mesmo punto no que estabamos cando empezamos. Esa maneira non a cambiamos, e xa levamos cinco anos. Entón, se non variou nada, pois supoño que seguirá así… Ou iso esperamos [risas]. Todos temos a cabeza moi ben amoblada, sabemos que somos iguais que o técnico de luces, que o que está na porta vendendo as entradas… Todos son necesarios e cada un ten o seu sitio, o seu traballo. Dános igual realmente a posición na que esteamos, somos todos traballadores para un mesmo fin. De momento, non se nos subiu nada á cabeza, pero tampouco creo que pase nunca. Somos así, e espero que sigamos séndoo.